CERTIFICACIÓN DE CALIDADE
   

CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA: CERTIFICACIÓN DE CALIDADE

XESTIÓN DE CALIDADE:

O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia é un servizo Certificado pola Norma ISO 9001:2000, o que implica que posúe un sistema de xestión que garante ós cidadáns unha atención e xestión das emerxencias eficaz e eficiente, mediante estándares establecidos pola organización, buscando sempre a mellora continua e cumprindo os requisitos que os cidadáns demandan na atención ás emerxencias, así como os legais e regulamentarios
  • Dicimos o que facemos
  • Xustificámolo
  • Facemos o que indicamos
  • Demostrámolo
En outubro de 2003 o 112 Galicia certifica o Sistema pola Norma UNE-EN ISO 9001:2000. Este Sistema é auditado anualmente por AENOR, co resultado de “Avaliación Conforme”. Actualmente trala publicación da nova versión da Norma ISO 9001 o 17 de novembro de 2008 a UNE-EN ISO 9001:2008 - Sistemas de Xestión de Calidade. Requisitos - vai sustituir á versión anterior.

 
Un selo de calidade recoñecido internacionalmente

Grazas á implantación dun Sitema de Xestión de Calidade no 112 Galicia realízase un traballo mais eficaz, mais eficiente, poñendo énfase no cidadán e cun mellor aproveitamento dos recursos.

A obtención deste certificado internacional salienta o compromiso que tanto a Dirección como o conxunto de persoas que forman parte do 112 Galicia asumen unha responsabilidade tal coa cidadanía, que lles leva a traballar pensando en qué medida é posible mellora-lo servizo prestado ós cidadáns e ós Organismos de Seguridade e Emerxencia da Comunidade Autónoma de Galicia

Mais información nos seguintes arquivos en formato pdf:
                                Certificado de Rexistro de Empresa   Certificado Internacional IQnet
                                                      Carta Xeral de Servizos   Política de Calidade