QUEN SOMOS
   

CENTRO DE ATENCIÓN DE EMERXENCIAS 112 GALICIA: QUEN SOMOS

Servizo Público da Xunta de Galicia
xestionado conforme a Lei 5/2007 de 7 de maio de Emerxencias de Galicia pola
Axencia Galega de Emerxencias entidade de dereito público adscrita á
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
baixo a dirección da Dirección  Xeral de Emerxencias e Interior.

O 112 é:
  • • Número Único de Emerxencias: urxencias e emerxencias en materia sanitaria, extinción de incendios e salvamento, seguridade cidadá e protección civil
  • • Permanente: dispoñible 24 horas ó día 365 días ó ano
  • • Servizo Integral: atende calquera demanda de Urxencia e Emerxencia e coordina as actuacións de tódolos organismos que interveñen na resolución das mesmas
  • • De Balde: sen custe ningún para o usuario 
MOITO MAIS QUE UN UN NÚMERO

O número 112, como número único de emerxencias foi establecido pola Decisión do Consello da Unión Europea do 29 de Xullo de 1991 e concretado pola Directiva 98/10/EC do Parlamento Europeo e do Consello de 26 de febreiro de 1998

Máis información acerca do 112 :
        - Número Único de Emerxencias da Unión Europea
        - Información doutros 112 da Unión Europea