O centro de atención de Emerxencias 112 Galicia ofrece a posibilidade de visitar as instalacións situadas en San Marcos-Santiago.
Alí pódese coñecer a labor dos distintos departamentos de Centro e visitar a Sala de Operacións onde se xestionan as chamadas recibidas a través do número teléfonico 112.
Se queres visitar o centro tes que cubrir o formulario que aparece máis abaixo (Ver Requisitos).
Os datos subministrados polo usuario serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal e tratados conforme á Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos Persoais. Mediante a sinatura, o usuario certifica a autenticidade dos mesmos e autoriza o tratamento co fin de incluílos no ficheiro Xestión de Usuarios da Axencia Galega de Emerxencias, rexistrado na Axencia Española de Protección de Datos. O acceso ós datos persoais será efectuado por persoal autorizado e suxeito así mesmo a unha obrigación de segredo. Os mesmos trataranse de conformidade á Lei Orgánica de Protección de Datos e non se poderán empregar en ningún caso para fins distintas das autorizadas. O usuario poderá exercer en calquera momento o seu dereito ó acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos ante a: Axencia Galega de Emerxencias Rúa Roma, 25-27. Fontiñas 15703 Santiago de Compostela lopd.axega@xunta.es