Dende novembro do ano 2009, naceu coa vontade de prestar -materialmente a asistencia requerida polos organismos e servizos de intervención nas emerxencias, como complemento e apoio loxístico a éstes, en aquelas situacións de emerxencia que así o esixan, ou cando é preciso movilizar ao lugar da mesma recursos materais especializados da Administración Autonómica, de xeito que o Grupo de Apoio Loxístico á Intervención, ponse a disposición da Administración ou Organismo correspondente para tal fin.
Para levar a cabo os seus cometidos, o Grupo de Apoio Loxístico á Intervención, está operativo 24 horas ó día, 365 días ó ano. O Servizo está prestado por oito bombeiros profesionais, e un técnico en emerxencias da AXEGA, que realiza as funcións de coordinador do Grupo.
Diariamente están de garda tres especialistas, e a súa mobilización lévase a cabo a través do C.A.E. 112-GALICIA, nun tempo de máximo de resposta de 45 minutos dende o momento en que se recibe a chamada.
A súa ubicación xeográfica, e o ambito territorial de actuación, convírtese nun elemento diferenciador do resto dos medios e recursos chamados a intervir nunha emerxencia. Ó tratarse dun recurso propio da AXEGA, o seu ámbito xeográfico de actuación é toda Galicia, e ó ter a Base no Concello da Estrada, nas instalacións de Academia Galega de Seguridade Pública, supón unha resposta prácticamente equidistante de Norte a Sur e de Este a Oeste da xeografía galega.
Os medios materiais que despraza nas situacións de emerxencia, dependen da natureza e tipoloxía da mesma, así actualmente, dispón dunha cabeza tractora e 6 semirremolques para levar a cabo as tarefas específicas que se lle encomendan:
Semirremolque de apuntalamentos
Semirremolque de iluminación
Semirremolque de albergue
Semirremolque de achique
Semirremolque NBQ
Semirremolque Plataforma
A maiores, conta cun camión equipado para levar a cabo funcións de Posto de Mando Avanzado (PMA), así como duas furgonetas centrais móveis de comunicacións tipo CETRA.