Política de accesibilidade
A Axega no seu compromiso de favorecer a integración das personas con discapacidade, e independente dos dispositivos tecnolóxicos empleados para acceder a información.
Alcance
O alcance desta declaración de conformidade de accesibilidade é o de todas as páxinas do portal web da Axega www.axega112.org que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada do portal.
Cumprimento de estándares
As páxinas deste sitio web cumpren todos os requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2 segundo a Norma UNE 139803:2004.
Cumprimento das normas WCAG 1.0 (Web Content Accessibility Guidelines) do W3C(World Wide Web Consortium), no seu nivel intermedio (AA).
A presentación baséase na recomendación do W3C sobre as Follas de Estilo en Cascada Nivel 2 Revisión 1 (CSS 2.1).
Empregouse a linguaxe de marcado XHTML na súa especificación 1.0 Transicional.
Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari, etc.
Data de última revisión
A última revisión sobre o nivel de accesibilidade deste portal foi realizada con data do 31/01/2011.Uso das características de accesibilidade
O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles
Teclas de acceso rápido
O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:
Microsoft Internet Explorer: Pulse a combinación de teclas Alt tecla de acceso rápido e a continuación Retorno Enter.
Netscape e Firefox: Pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Alt, e a a tecla de acceso rápido.
Opera 7 e superior: Pulse a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación pulse só a tecla de acceso rápido.
En Macintosh a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.
Neste portal web están dispoñibles as teclas de acceso rápidos:
0 - Portada 1 - Xunta 2 - Mapa do portal 3 - Accesibilidade 4 - Atendémolo/a
Navegación
Para facilitar a navegación e identificación do portal, todas as páxinas do portal web manteñen compoñentes comúns como a cabeceira e pé de páxina.
A cabeceira contén principalmente:
Un espazo de utilidades:
Páxina de inicio
Atendémolo/a
Accesibilidade
Mapa do portal
Versións idiomáticas do portal (Galego e Castelán)
Un menú principal con...
Qué é a Axega?
Hoxe en Galicia
Estatísticas
Actualidade
O pé contén principalmente:
Ligazóns á páxina de inicio da “Xunta de Galicia” e ó visor de RSS.
Contacto
Se vostede atopa algunha dificultade para acceder ao contido ou para entendelo, por favor comuníquea a través do formulario de Atendémolo/a