
O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia:
atende e xestiona as chamadas de emerxencia da Comunidade Autónoma de Galicia recibidas a través do número 112, e coordina os medios e recursos que interveñen na resolución das emerxencias, contando para elo con:
- • procedementos e guías de actuación, adaptadas e constantemente actualizadas, para cada tipo de emerxencia
- • a colaboración cos diferentes organismos con capacidade de actuación en emerxencias (protección civil, forzas e corpos de seguridade, bombeiros, servizo de incendios forestais, salvamento marítimo, urxencias médicas,...)
- • unha plataforma tecnolóxica acorde coas necesidades do servizo e axeitada as últimas tecnoloxías
- • os recursos humanos necesarios para dar servizo as 24 horas do día, os 365 días do ano
- • e a Certificación de Calidade (obtida o 29 de outubro de 2003) como garantía dunha correcta xestión de todas e cada unha das emerxencias atendidas por este Servizo.
O QUE GARANTE UNHA RESPOSTA RÁPIDA, EFICIENTE E AXEITADA
ANTE CALQUERA EMERXENCIA