Servizos que se ofrecen

No marco das funcións correspondentes á atención pública ás emerxencias desde o número 112 e para a Comunidade Autónoma de Galicia, entre os servizos que presta o CAE 112 Galicia atópanse os seguintes:

  1. Atención personalizada de chamadas telefónicas de emerxencia a través do número 112.
  2. Coordinación desde o CAE 112 Galicia da realización de exercicios sobre emerxencias (en diante simulacros), solicitados por distintos colectivos ou entidades públicas ou privadas.
  3. Xestión de peticións de información, datos e consultas recibidas a través da Axega sobre a actividade xerada no CAE 112 Galicia.
  4. Divulgación das actuacións do CAE 112 Galicia a través da páxina web e canles de difusión en redes sociais.
  5. Visitas guiadas ao CAE 112 Galicia e ás instalacións do Grupo de Apoio Loxístico.
  6. Publicación de alertas meteorolóxicas correspondentes a niveis de alerta de cor laranxa e/ou vermella, así como activación de plans de emerxencia e protección civil na páxina web, canles de difusión multimedia e en redes sociais.
  7. Emisión de consellos á poboación sobre emerxencias publicadas na páxina web e canles de difusión en redes sociais.