Que é a Axega?

A Lei 5/2007 do 7 de maio de Emerxencias de Galicia crea a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) configurándoa como un ente instrumental encargado do estudo e a execución da política autonómica en materia de protección civil e xestión de emerxencias, nos termos establecido na Lei de Emerxencias de Galicia

A AXEGA ten natureza de entidade de dereito público, con personalidade xurídica propia consonte se describe no artigo 12.1º.1 b) do Decreto lexislativo 1/1999, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, con patrimonio propio e plena capacidade para o desenvolvemento dos seus fins e adscrita á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

O Decreto 223/2007, do 5 de decembro, polo que se aproban os estatutos da AXEGA, regula a súa organización, réxime xurídico e funcións do ente público.