Política de privacidade

Información corporativa e política de protección de datos da Axencia de Galega de Emerxencias

A Lei 5/2007 de Emerxencias de Galicia atribúe á Xunta, como máximo organismo autonómico, que garanta a existencia dun sistema integrado de protección civil e emerxencias, baseado nos principios de coordinación, solidariedade, participación, subsidiariedade, colaboración, responsabilidade pública e privada e lealdade institucional, e promoven a asistencia e o socorro mutuo con outras comunidades autónomas e no ámbito transfronteirizo.

Esta competencia é asumida pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, quen á súa vez delega na Axencia Galega de Emerxencias (en adiante AXEGA), encargada de xestionar o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia e prestar materialmente a asistencia requirida polos cidadáns e polas cidadás a través del, ou dar traslado, segundo se estableza regulamentariamente, daquelas que lles corresponda atender a outros organismos competentes na materia.

No marco destas competencias, é vontade da AXEGA, como administradora deste sitio web e responsable dos ficheiros da súa titularidade, facer pública a súa política de privacidade para dar cumprimento ao principio de información requirido pola normativa europea e española en protección de datos, máis concretamente a la Lei 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (en adiante LOPD) e ao Real Decreto 1720/2007 que a desenvolve, outorgando a máxima prioridade á efectiva xestión da chamada.

Identificación do titular

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERIA DE PRESIDENCIA ADMINISTRACIONES PÚBLICAS E XUSTICIA AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS

Rúa Roma 25-27, 1º. Polígono de Fontiñas 15703-Santiago de Compostela A Coruña - España

Obtención da información

Toda chamada ao teléfono de emerxencia 112 identificará o número dende o que se realiza a chamada e o seu eventual titular, posibilitado pola Orden Ministerial Orden 711/2002, de 26 de marzo, que obriga aos operadores a comunicar os números dos seus abonados á Comisión del Mercado das Telecomunicacións e esta ás unidades que presten servizos a través do 112, ademais de outras entidades.

 

É desexo da AXEGA, en estrito cumprimento da normativa en protección de datos, outorgar a máxima prioridade á protección do interese vital do interesado, polo que se procederá á atención directa da chamada, sen que para elo sexa preciso escoitar unha locución previa informando sobre a política adoptada para o seu cumprimento.

 

Tratamento dos datos

 

La AXEGA outorga o máximo rigor no tratamento dos datos de carácter persoal e aplica os máis estritos estándares para a posta en marcha e mantemento das medidas de seguridade, tanto técnicas como organizativas, esixidas polo Título VIII do Real Decreto 1720/2007, en particular as correspondentes ao nivel alto, para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

 

A AXEGA comprométese tamén ao cumprimento da súa obriga de secreto con respecto á información xerada nela os datos de carácter persoal evidenciados, obriga que se fará extensiva a todas as persoas que interveñan nos seus procesos.

 

Dereitos ARCO

 

Rexistráronse no Rexistro Xeral de Protección de Datos os ficheiros titularidade da AXEGA, polo que calquera cidadán poderá acceder a el e consultalos, así como a finalidade á que son destinados, o colectivo de afectados e os destinatarios das cesións que se producen, en caso de ser necesario para a efectiva xestión das incidencias, ou as requiridas pola lexislación vixente.

 

Asiste tamén aos cidadáns o dereito de acceso así coma o de rectificación e cancelación, os cales poderán ser exercidos póndose en contacto mediante correo postal, una vez acreditada la identidade, coa sede da AXEGA, na Rúa Roma 23-25, 1º; 15703 de Santiago de Compostela, ou na dirección de correo electrónico lopd.axega@xunta.es