O proxecto europeo ‘Ariem 112’ facilita a coordinación de emerxencias entre Galicia, Castela León e o Norte de Portugal

Santiago, 6 de abril de 2014.- Representantes da Axencia Galega de Emerxencias veñen de presentar no Congreso da Asociación Europea do Número Único (EENA) o proxecto de cooperación transfronteiriza Ariem 112.

A Asociación Europea do Número Único de Emerxencias (EENA), convidou á Axencia Galega de Emerxencias a participar no seu congreso anual, que tivo lugar os días 2, 3 e 4 de abril 2014, en Varsovia, coa exposición do proxecto de cooperación transfronteiriza ARIEM 112, por considerar esta iniciativa de sumo interés e utilidade para os asistentes, ademáis como exemplo de boas prácticas.

Os representantes da AXEGA amosaron o traballo realizado a longo dos últimos 3 anos así como os resultados acadados e plantexamentos futuros de cara a implantación dos recursos tecnolóxicos elaborados conxúntamente co 112 da Comunidade de Castela e León e a CCDRN do Norte de Portugal. Os asistentes asistiron a demostracións prácticas da aplicación Remote Manager, establecendo conexións en directo con España e Portugal.

O Congreso contou con 450 participantes, representando a máis de 35 países de toda Europa e doutros continentes. Participaron tamén empresas relacionadas coas emerxencias, organizacións, investigadores e operadoras das telecomunicacións para amosar os avances en canto ás boas prácticas na xestión das emerxencias.

Pódese atopar máis información sobre a presentación do ARIEM 112 en EENA 2014 no seguinte enlace: https://eena2014.zerista.com