Na bici, responsabilidade e respecto

La Voz de Galicia

Pasear polo monte, descubrir recunchos da túa cidade ou vila ou poñerse en forma. A bicicleta ofrece unha chea de opcións, sobre todo cando disfrutamos do bo tempo. Ante situacións imprevistas, un xogo básico de ferramentas, podería ser de gran axuda.

Dende o 112 Galicia agardamos que goces da túa ruta, pero tamén che pedimos que teñas en conta estos consellos.

 

  • Revisa que a túa bicicleta se atope en bo estado, antes de saír a rodar
     
  • Non esquezas levar contigo o teu kit básico de ferramenta
     
  • Vai sempre documentado co teu DNI ou pasaporte
     
  • Circula con responsabilidade e respecto cara ao resto dos usuarios da estrada. Non estaría de máis que transmitises as túas intencións (cambiar de carril, dar volta...) aos demais usuarios a través de sinais manuais
     
  • Non consumas alcol/drogas
     
  • Se circulas por estrada, lembra que é uso do casco é obrigatorio
     
  • Evita o uso de auriculares para escoitar o IPOD ou a radio, así como usar o teléfono móbil. Poden xogarche unha mala pasada
     
  • Faite ver en situacións de escasa visibilidade, utiliza vestimenta de cores brillantes, chaleco reflector, luces...
     
  • Non circules en pelotón. Na estrada, de dous en dous como máximo. Se non houbese beiravía, tenta que a circulación sexa dun en un
     
  • Lembra que na estrada debes circular pola beiravía e, no seu defecto, pegado á dereita
     
  • Utiliza os carrís bici cando circules por cidade e, no seu defecto, polo carril da dereita da calzada. Nunca vaias polas beirarrúas
     
  • Respecta os sinais de alto, de ceda ao paso, cruces peonís... Detente e asegúrate que non veñen outros vehículos ou peóns
     
  • Se practicas Bicicleta de Montaña (BTT) e circulas por lugares illados, podes facer uso da APP móbil Alpify. Esta aplicación axuda á xeolocalizar persoas en caso de apuro xa sexa en zonas urbanas ou de montaña. Lembra que a podes descargar de forma gratuíta na seguinte ligazón
     
  • Se sofres algún contratempo chama ao 112