Estrutura orgánica da Axencia Galega de Emerxencias.

  1. Órganos superiores de dirección:
    1. O Consello Reitor: é o órgano colexiado de control, planificación e supervisión xeral da actividade do centro. As súas funcións están descritas no devandito artigo.
    2. A Presidencia: correspóndelle ao titular da consellería competente en materia de protección civil e xestión de emerxencias. As súas funcións están tamén descritas no devandito artigo.
    3. A Vicepresidencia: correspóndelle á persoa titular do órgano directivo da consellería encargada de protección civil e xestión de emerxencias. As súas funcións están tamén descritas no devandito artigo.
    4. A Xerencia: o titular da xerencia será nomeado polo Consello Reitor a proposta da Presidencia.
  2. Secretaría Xeral:
    1. Secretario Xeral
    2. Área de Coordinación Xurídico-Administrativa e Asuntos Financeiros
  3. Unidades dependentes de Xerencia
    1. Área do CAE 112
    2. Área de Xestión de Riscos e Apoio á Planificación