Consulta aquí as estatísticas do CAE 112 elaboradas en colaboración co IGE

Dentro do marco do Plan galego de estatística, que é o instrumento de ordenación e planificación da actividade estatística da Comunidade Autónoma, inclúese a difusión da actividade desenvolvida no Centro de Atención ás Emerxencias (CAE112 Galicia). O obxectivo fundamental do estudo é coñecer a evolución das chamadas de emerxencia realizadas polos cidadáns e o número de incidencias xestionadas dende o CAE 112 Galicia. No proxecto estatístico 25-1101 Estatística de chamadas ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 recóllese a información correspondente aos anos 2015 e 2016.

Documento relacionado

Estatísticas de chamadas ao Centro de Atención ás Emerxencias 112