Certificación de calidade

Xestión de calidade

O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia é un Servizo certificado pola norma UNE-EN ISO 9001:2008. Por iso desenvolve un sistema de xestión que garante aos cidadáns unha atención e xestión das emerxencias eficaz e eficiente aplicando estándares establecidos pola organización, buscando sempre a mellora continua e cumprindo os requisitos que os cidadáns demandan na atención ás emerxencias, así como os legais e regulamentarios.

  • Dicimos o que facemos
  • Xustificámolo
  • Facemos o que indicamos
  • Demostrámolo

En outubro do ano 2003 o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia obtén a certificación no Sistema de Xestión de Calidade pola norma UNE-EN ISO 9001 na súa versión do ano 2000. Actualmente se certifica na versión do ano 2008 e está en proceso de adaptación á nova versión do ano 2015.

Este sistema é auditado anualmente por AENOR, co resultado de “avaliación CONFORME”.

Descripción: Descripción: Descripción: IQNet

 

O selo de calidade recoñecido internacionalmente evidencia a implantación do Sistema de Xestión de Calidade garantindo un traballo máis eficaz e eficiente na xestión de recursos, poñendo énfase na satisfacción do cidadán.

A Dirección e o conxunto de persoas que forman parte do Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia asumen unha responsabilidade que lles leva a traballar na mellora continua do Servizo prestado aos cidadáns e aos Organismos de Seguridade e Emerxencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Deste xeito en abril do ano 2014 apróbase a Carta de Servizos Auditada para o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia, documento que expresa  e reafirma o compromiso de transparencia, legalidade e eficacia na prestación telefónica das emerxencias.

E no ano 2015 obtén o Certificado EENA de calidade estándar para centros de emerxencia da UE cuxa finalidade é reforzar un traballo homoxéneo nos centros de emerxencia e potenciar a natureza europea do número 112.


Máis información nos seguintes arquivos en formato pdf:

Política de Calidade
Certificado de Rexistro de Empresa
Certificado Internacional IQnet
Carta General de Servicios (Página externa)
Certificado EENA