Boletín informativo das 19:00 horas do día 18/06/17

domingo, 18 Xuño, 2017 - 19:00
Noticias destacadas no período comprendido entre as 12:00 e as 18:00 horas

Trasladada en helicóptero unha persoa que se atopaba mareada en Carnota

Unha persoa tivo que ser evacuada no helicóptero medicalizado con base en Santiago despois de sentirse mareada cando camiñaba en Carnota. Os feitos tiveron lugar nas inmediacións da igrexa do Pindo.

O 112 Galicia recibía a alerta dun particular pasados uns minutos das 14:50 horas. Indicaba que unha persoa atopábase mal. Engadía que eran catro persoas en total as que estaban camiñando.

Nese momento o persoal do CAE 112 Galicia pasaba o aviso a Urxencias Médicas, Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e GES de Muros. Así mesmo, o 112 Galicia poñía a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas e Salvamento Marítimo.

Ademais da persoa que foi trasladada, unha muller do grupo tamén tivo que recibir asistencia sanitaria ao sufrir un golpe de calor.

 

Dúas persoas rescatadas polos socorristas en Ferrol

Os socorristas da praia de San Jorge, en Ferrol, rescataron esta tarde a un home e a unha muller que non conseguían saír da auga. Un particular daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 16:15 horas. Relataba que as dúas persoas se atopaban a 500 metros da costa.

Decontado, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informábase a Salvamento Marítimo, á Policía Nacional e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ferrol.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o home e a muller atópanse ben.