Boletín informativo das 13:00 horas do día 24/09/17

domingo, 24 Setembro, 2017 - 13:00
Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Rescatados tres surfeiros en Ferrol

Tres surfeiros tiveron que ser rescatados por unha embarcación da Garda Civil esta mañá en Ferrol. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, nese momento as ondas eran moi fortes e non tiñan posibilidade de achegarse a terra pola forza do mar.

Un particular alertaba dos feitos ao 112 Galicia ás 11:50 horas. Indicaba no seu relato que estaba vendo a tres surfeiros, entre as praias de Esmelle e a de San Xurxo, con dificultades para saír da auga. Engadía que estaban subidos as súas táboas e non tiñan perigo de afogarse.

Acto seguido, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas. Tamén se informou ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil, á Policía Local, á Policía Nacional e aos Bombeiros de Ferrol.

Unha vez na embarcación, os surfeiros foron evacuados ao Porto Interior de Ferrol.