Alpify, a app móbil que axudará a localizar persoas en situación de emerxencia

O Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia ten operativa desde hoxe unha nova aplicación que facilitará a localización de persoas que se atopen en situación de emerxencia. A aplicación, denominada “Alpify”, é de fácil manexo e basta con premer o botón vermello de “emerxencia” para que envíe un aviso ao 112, que recibe a ubicación da persoa que pide o auxilio, xa sexa en zonas urbanas ou de montaña. No caso de perder a cobertura do móbil, a aplicación envíe unha mensaxe de texto ao 112 e ao mesmo tempo sitúa a emerxencia para o centro coordinador cun rango de erro de entre 3 e 10 metros. Ver esta nova en xunta.gal